RCD / NOVAS

Espectacular fin de liga do Cadete B en Ferrol

26/05/2019 12:51

O Cadete B puxo o punto e final á temporada no grupo norte da Liga Galega cun espectacular partido en Ferrol ante o Racing B (4-4).

Coa medalla de bronce no peto para os deportivistas, e sen transcendencia tampouco para os ferroláns, ambos os equipos lanzáronse a pola portería rival e protagonizaron un bonito duelo con alternativas no marcador.

Mella -2-, Lombao e Pablo Trigo foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador, o Cadete B conclúe a liga con 72 puntos, en 22 partidos gañados, 6 empatados e 6 perdidos. Os branquiazuis anotaron en total 89 dianas e encaixaron 38.

Cadete B: Manu, Alexis, Carlos, Gabriel, Xosé, Hugo García, Lombao, Ivi, Matos, Mella e Pablo Trigo. Tamén xogaron: Jacobo, Eloi, Álvaro e Daniel.

A temporada transcorreu así para o Cadete B que dirixiu Manuel Maceira:

CD Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - SCD Milagrosa 1
CD Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)
Cadete B 1 (Matos) - EF Lalín 1
Cadete B 5 (Xosé, Jacobo -2-, Suárez e un futbolista rival en propia meta ) - Ural CF B 0
Bertamiráns FC 2 - Cadete B 0
Cadete B 1 (Martín Burgos) - CF Dumbría 1
San Tirso SD B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2-, Hugo Suárez e Matos)
Cadete B 3 (Xosé, Carlos e Mella) - Galicia de Caranza 0
Racing Villalbés 0 - Cadete B 0
Cadete B 6 (Lombao, Matos, Manu Berrocal, Mella -2- e Carlos) - Orillamar SD 0
ED Xuventude de Oroso 1 - Cadete B 1 (Gabriel)
Cadete B 0 - Racing de Ferrol B 1
Cadete B 0 - CD Calasanz B 2
SCD Milagrosa 2 - Cadete B 1 (un futbolista rival en propia meta)
Cadete B 2 (Hugo Suárez e Abele) - CD Lugo B 5
Viveiro CF A 2 - Cadete B 2 (Hugo Suárez e Nils)
Cadete B 3 (Adrián Lombao, Xosé e Trigo) - Bergantiños CF B 1
Escola Estrada Fútbol Base 0 - Cadete B 3 (Abele, Trigo e Jacobo)
Cadete B 4 (Pablo Trigo -2-, Hugo García e Daniel) - Victoria CF B 2
EF Lalín 1 - Cadete B 3 (Mauro e Trigo -2-)
Ural CF B 0 - Cadete B 4 (Trigo -2- e Hugo Suárez -2-)
Cadete B 2 (Nils e Hugo Suárez) - Bertamiráns FC 0
CF Dumbría 1 - Cadete B 2 (Mauro e Trigo)
Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Nils) - San Tirso SD B 2
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 2 (Hugo Suárez e Xosé)
Cadete B 4 (Pablo Trigo -3- e Hugo Suárez) - Racing Villalbés 0
Orillamar SD 0 - Cadete B 5 (Matos, Pablo Trigo -2-, Lombao e Jacobo)
Cadete B 4 (Hugo Suárez e Pablo Trigo -3-) - ED Xuventude de Oroso 2
Racing de Ferrol B 4 - Cadete B 4 (Mella -2-, Lombao e Pablo Trigo)