Espectacular intercambio de goles entre o Atlético Arteixo e Infantil B
Atlético Arteixo e Infantil B protagonizaron un espectacular intercambio de goles en Ponte dos Brozos (3-10), en partido correspondente á 7ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica.
Íker Gil -2-, Adrián, Noe, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez foron os goleadores branquiazuis.
Con este marcador, o Infantil B mantense no máis alto da táboa do grupo con 21 puntos de 21 posibles.
Infantil B: Hugo, Adrián, Jorge Rodríguez, Carlos, Íker Gil, Óscar, Erick, Xenxo, Noe, Carballo e Memet. Tamén xogaron: David Mosquera, Anxo e Íker Fernández.
A próxima fin de semana, o Infantil B recibe en Abegondo ao Victoria CF B, nun duelo de aspirantes ao título.
Os resultados do Infantil B que prepara Fernando Macedo 'Nano' son os seguintes:
CD Obrero 0 - Infantil B 3 (Adrián -2- e Íker Gil) Infantil B 5 (Adrián, Óscar, David Carballo -2- e Íker Gil) - Imperátor OAR 0 ADC Obradoiro 2 - Infantil B 5 (Marcos, Óscar, Diego, Xenxo e Balbas) Infantil B 4 (Óscar -2-, Íker Gil e Xenxo) - Oza Juvenil SD 0 SCD Ordes 2 - Infantil B 8 (Íker Gil -2-, Memet, Jorge Rodríguez, Óscar, Carballo -2- e Noe) Infantil B 11 (Íker Gil -2-, Noe -2-, Óscar -2-, Carballo -2-, Adrián, Xenxo e Anxo) - Bergantiños CF B 0 Atlético Arteixo 3 - Infantil B 10 (Íker Gil -2-, Adrián, Noe, Memet -3-, Óscar -2- e Jorge Rodríguez)