RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Espectacular remontada do Deportivo ABANCA B en Vigo, con 3 goles nos últimos 8 minutos

Espectacular final de partido do Deportivo ABANCA B no campo das Relfas ante o Sárdoma CF (2-3), en partido correspondente á 2ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

As viguesas ían por diante no marcador (2-0) no minuto 85. Un resultado inxusto debido ao dominio branquiazul durante boa parte do partido.

Nese minuto, Patri López, de lanzamento de falta pola escuadra, recortou diferenzas (1-2), circunstancia que cambiou o rumbo do partido. Após o saque de centro, Navia igualou o choque nun man a man coa porteira rival.

O gol do triunfo do Dépor ABANCA B chegou no desconto, grazas a un penalti transformado por Sara Piñeiro.

Con este resultado, o conxunto deportivista suma 6 puntos de 6 posibles.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Bermúdez, Rivas, Sara Álvarez, Ainhoa, Sara Piñeiro, Lara, María Calvo, Navia, Patri López e Aroa. Tamén xogou: Lucía.

O vindeiro domingo 29 de setembro, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo (17:00 horas) ao CD Oceja.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)