RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Espectacular triunfo do Cadete B sobre o Racing Villalbés: 5-4

Cadete B e Racing Villalbés protagonizaron en Abegondo (5-4) un espectacular encontro cun desenlace de tolemia. A falta de 10 minutos para o final, o partido parecía sentenciado cun 5-2, pero os lucenses presentaron batalla até o último momento. Hugo -3-, Rares e Buján foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este marcador pertencente á xornada 23, o Cadete B suma 41 puntos na quinta posición do grupo 1º da liga Galega.

Cadete B: Ríos, Íker, Edu, Fika, Buján, Melide, Padín, Rares, Nils, Hugo e Jorge. Tamén xogaron: Iván, Mouriño e Xavi.

En quince días, o Cadete B visita ao Santiago de Compostela B.

Os resultados do Cadete B até a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)
Cadete B 4 (Nils -2-, Iván e Hugo) - Santiago de Compostela B 0
Dumbría 2 - Cadete B 2 (Álex e Buján)
San Tirso 3 - Cadete B 1 (Iván)
Cadete B 4 (Iván -2-, Nils e Mouriño) - Viveiro A 2
Bergantiños B 1 - Cadete B 1 (Bocija)
Cadete B 1 (Álex Espeso) - Atlético Coruña Montañeros 3
Escola Estrada Fútbol Base 3 - Cadete B 5 (Nils, Álex, Hugo e Mouriño -2-)
Cadete B 1 (Hugo) - Victoria B 2
Conxo 0 - Cadete B 3 (Xavi e Hugo -2-)
Cadete B 3 (Bocija, Hugo e Buján) - Bertamiráns B 1
Ural B - Cadete B (suspendido)
Xuventude de Oroso 4 - Cadete B 0
Cadete B 3 (Hugo -2- e Rares) - Galicia Caranza 0
Racing de Ferrol B 0 - Cadete B 3 (Fito, Mouriño e Xavi)
Cadete B 3 (Hugo -2- e Rares) - Lugo B 3
EF Lalín 1 - Cadete B 1 (Hugo)
Cadete B 5 ( Hugo -3-, Rares e Buján) - Racing Villalbés 4