RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Espléndida cuarta praza do Alevín B na CSI Talent Cup de Suíza

O Alevín B deportivista participou esta fin de semana na cidade suíza de Xenebra na CSI Talent Cup, cuxo escenario foi o Centre Sportif du Bout-du-Monde.

O equipo que prepara Luis Pastur completou onte a Primeira Fase ante rivais tan potentes como Bayer Leverkusen ou Bayern Munich; e hoxe domingo logrou superar tamén a Segunda Fase, paso previo á Fase Champions, que reuniu aos 8 mellores equipos: Alevín B, FC Porto, Bayern Munich, Bayer Leverkusen, Inter de Milán, Toulouse FC, US Torcy, Olympique de Marsella.

O conxunto branquiazul, após apear ao FC Porto en cuartos de final, logrou unha meritoria cuarta praza.

Os resultados do Alevín B neste torneo foron os seguintes:

Sábado 16 de febreiro

Primeira Fase
ALEVÍN B 3 (Janusz, Diego e Rubén Trillo) - FC LAUSANNE-SPORT 0
ALEVÍN B 3 (Pablo, Nico Ruiz e Diego) - ANNECY FC 1
ALEVÍN B 2 (Janusz -2-) - BAYER LEVERKUSEN 5

Segunda Fase
ALEVÍN B 2 (Balbas e Janusz) - BAYERN MUNICH 5
STANDARD LIÈGE 0 - ALEVÍN B 4 (Pablo, Janusz e Trillo -2-)
ALEVÍN B 6 (Janusz, Pablo, Nico Ruiz, Diego -2- e Rubén) - KS ALI DEMI 2
ALEVÍN B 0 - FC LUGANO 0

Domingo 17 de febreiro
ALEVÍN B 2 (Diego e Nico Ruiz) - FUSSBALLCLUB BASILEA 3

Fase Champions

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Balbas) - FC PORTO 0

Semifinal
ALEVÍN B 0 - BAYERN DE MUNICH 4

Partido polo terceiro e cuarto posto
ALEVÍN B 2 (Xabi e Balbas) - Inter de Milán 3