RCD / NOVAS

Estamos centrados no partido de Supercopa

Sergio e Romeu compareceron ante os medios tras a sesión desta mañá en Riazor. Os xogadores manifestaron que o equipo está centrado no compromiso da Supercopa do domingo. "Queremos gañar pero sabemos que será complicado" e engadiron "vai ser un partido de moitísima intensidade".

23/08/2002 13:59

Romeu eludiu pronunciarse sobre a polémica xurdida polo caso Cañizares "houbo comentarios e o ambiente estará quente, pero no campo xogamos once contra once" e engadiu "sabemos que o recibimento non será bo pero sería importante manter a portaría a cero polo menos os primeiros 25 minutos, pero nós queremos gañar alí, aínda que sabemos que será complicado".
Sergio, pola súa banda, considera normal que desde Valencia se quente o ambiente "é normal que queiran desviar á atención para así poder traballar con tranquilidade toda a semana preparando o partido, non se esperaban un resultado así e é normal a súa reacción".

Máis novas de: ROMERO

RCD / Noticias Relacionadas

01/12/2004 13:27 |

Romeu e Pandiani, con gastrenteritis, non adestraron hoxe

Romeu e Pandiani, ambos cunha gastroenterite, non se exercitaron hoxe en 'O Mundo do Fútbol' no primeiro adestramento da semana previa ao partido do domingo (17.00 horas) no Sardinero ante o Real Racing Club. Scaloni, con algo de gripe, tamén fixo un adestramento máis lixeiro que o resto dos seus compañeiros.