RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Este domingo en Betanzos, adestra solidariedade con Óscar Gilsanz, adestrador do Fabril

O adestrador do Fabril e campión de España co Xuvenil do Dépor, Óscar Gilsanz, desenvolve un ano máis na súa localidade natal, Betanzos, unha xornada de deporte e solidariedade coincidindo coa chegada do novo ano.

Nunha xornada festiva para os máis pequenos, o día 2, todas as nenas e nenos de 6 a 14 anos que queiran, poderán adestrar con el de 10:30 a 13:30 horas no Campo do Betanzos CF na Cidade dos Cabaleiros. A única condición para inscribirse é apuntarse previamente e levar un xoguete novo que será doado a Cruz Vermella Betanzos para a campaña global da entidade social "Os teus dereitos en xogo"

Para máis información e inscricións: oscargilsanz@hotmail.com ou 696983841.