RCD / NOVAS

Este Nadal regresan os #DéporCampus Cabreiroá con 3 sedes: Oroso, Sada e Pádel Plus. Inscricións abertas

03/12/2019 13:31

Os DéporCampus Cabreiroá regresan un ano máis en Nadal, ampliando ademais o número de sedes e a cobertura xeográfica. Novamente a sede da Escola RC Deportivo, Pádel Plus en Alvedro, manterá as súas portas abertas a semana de Nadal para levar a cabo esta proposta formativa e de lecer da Fundación Real Club Deportivo. A ela súmanse as sedes de Sada e Oroso, para chegar a máis nenos e nenas da provincia da Coruña.

Nos 3 casos, os días de actividade serán o 23, 26 e 27 de decembro para nenas e nenos entre os 6 e os 14 anos e as inscricións xa se atopan abertas en deporcampus.rcdeportivo.es até o mediodía do próximo xoves 19 de decembro.