RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Estiramentos, rondos e balón parado nunha mañá de menor carga de traballo para o Deportivo

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo rebaixou esta mañá en Abegondo a carga de traballo.

Os futbolistas branquiazuis, hoxe ademais co fabrilista Mujaid, comezaron no vestiario con estiramentos e tarefa de ximnasio. A continuación, xa sobre o céspede, realizaron uns rondos no campo 3 e pasaron no campo 2 a un ensaio de accións a balón parado.

A mañá concluíu cunha divertida competición a penaltis co cadro dividido en 2 equipos, e Luis César como árbitro.

David Simón e Luis Ruiz realizaron un adestramento específico e son os 2 únicos xogadores á marxe do grupo.

Mañá sábado, o equipo está citado ás 11:00 horas en Abegondo para unha nova sesión de adestramento, a última antes de recibir ao Elche CF en ABANCA-RIAZOR o domingo 10 de novembro (12:00 horas, Movistar LaLiga 1).