RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Estou contento por formar parte deste Club, con esta historia", di Bruno Gama tras unirse á xente mariñeira

Bruno Gama manifestou na Oficina de Atención ao Deportivista, instantes despois de unirse á xente mariñeira, estar "contento por formar parte deste Club, con esta historia. Isto é unha maneira máis de demostrar este sentimento".

O atacante portugués, pichichi da pretemporada, asegura que "estou a traballar diariamente e nos partidos para estar ben, para coller forma e para cando empece a liga estar ben".

A pesar de que son encontros amigables os do verán, opina que os triunfos "sempre dan confianza. Nos partidos e adestramentos hai que traballar forte para cada vez sentirse mellor".

Nesta liña, recoñece que "cada día me atopo mellor. Espero que cando chegue a liga, cando empece, estar ben".

Ve ao Deportivo nestes días de pretemporada "ben, traballando forte, asimilando as ideas do míster desde o principio, traballando as diferentes variantes do xogo. Cada vez está mellor, integrando á xente nova".

Advirte que aínda é pronto para xulgar ás novas incorporacións (Fede Valverde, Bakkali, Fede Cartabia...), aínda que apunta que "as fichaxes son xogadores de calidade, bos xogadores. Seguro que se van adaptando cada vez máis e mellor ao equipo".