RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Estou no sitio onde quero estar", di Florin Andone acerca do seu futuro

Florin Andone atendeu aos medios de comunicación no Estadio ABANCA-RIAZOR, ao finalizar o adestramento matinal de hoxe mércores.

Preguntado sobre un novo interese do Burnley inglés por contratarlle, o internacional romanés teno claro: "O Club sempre se manifestou contrario á miña saída, eu estou moi contento aquí. Non hai máis que falar". "O Deportivo, que eu saiba, non contempla a miña saída por ningún prezo, salvo polos 30 millóns (cláusula de rescisión) que entón non pode facer nada", engade.

Nesta liña, insiste en que "eu quero seguir aquí e o presidente sábeo. O presidente tampouco contempla que eu salga, eu estou moi contento aquí, gustaríame cumprir os anos de contrato porque sinto moi ben aquí. Estou no sitio onde quero estar. Por parte da directiva, por parte do corpo técnico, por parte da afección, todos os comportamentos son exemplares cara a min, e iso dáme moita confianza e moitas ganas de que siga traballando e o de todo polo Club".

Confesou saír o pasado domingo do Estadio ABANCA-RIAZOR, tras o encontro ante o Real Madrid, "mal, decepcionado porque tiven nas miñas mans facer gol, empezar con bo pé o partido. Sentín como que lles fallou. Pero diso trátase o fútbol, de tentalo. Nunca me vou a esconder, vou seguir fallando seguro. Haberá mil partidos que vou estar fallando, e non me vai a importar porque me vou a levantar. Vou tentar mellorar o próximo día, vou tentar metela".

Recoñece estar mellor das súas molestias físicas: "Non se nin como puiden xogar. En teoría tiña que estar dúas semanas de baixa e xoguei. Como o ano pasado, que estiven a xogar roto porque non quería perderme ningún partido, quería estar, non quería tirarme do barco".

Asegura que a súa maior virtude é a mente: "O que me leva a min a estar sempre aí e pelexándoo todo é a cabeza. Sempre estou moi centrado, teño o obxectivo claro. Nunca me vou a render, vaia mal ou vaia ben".