RCD / NOVAS

Estoyanoff: O que importa agora é crear un grupo forte e unido

Fabián Estoyanoff compareceu esta mañá ante os medios informativos en "O Mundo do Fútbol". O interior destro restou importancia aos resultados do equipo, "porque agora o que importa é convivir e crear un grupo forte e unido". "A verdade é que me levo moi ben con todos", engadiu o internacional uruguaio.

07/08/2006 14:26

O centrocampista branquiazul recoñece que o partido ante Nacional na primeira semifinal do Trofeo Teresa Herrera será especial para el: "Eu son seareiro do máximo rival, Peñarol. E ademais coñézoos a todos porque xoguei contra eles e son compañeiros de Selección".

Máis novas de: ESTOYANOFF

RCD / Noticias Relacionadas

25/05/2007 13:24 |

Estoyanoff: O club non nos debe ningunha mensualidade e estamos totalmente ao día

Estoyanoff foi un dos futbolistas que compareceu na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O internacional uruguaio asegura que é feliz na Coruña, que se quere quedar no Deportivo e confirma que "o Club non nos debe mensualidade algunha. En decembro houbo o tema dos pagarés que xa está solucionado e estamos totalmente ao día". Sobre o partido, Estoyanoff asegura que o Dépor está capacitado para lograr o tres puntos no Santiago Bernabéu.

25/05/2007 11:49 |

Coloccini volve á Selección Arxentina para un amigable en Suíza

O central deportivista Fabricio Coloccini foi citado pola Selección de Arxentina para disputar, o vindeiro sábado 2 de xuño en Basilea, un amigable ante Suíza. Por conseguinte, Coloccini únese a Andrade, Estoyanoff, Aouate, De Guzman, Bodipo e Adrián, con compromisos internacionais; ademais da preconvocatoria de Barragán e Fabricio para o Campionato do Mundo Sub-20.

23/05/2007 21:36 |

Dudú Aouate, citado para dous partidos oficiais de Israel ante Macedonia e Andorra

Dudú Aouate, o porteiro menos batido do ano 2007 na Primeira División, foi citado pola súa Selección Nacional, Israel, para participar en dous partidos oficiais clasificatorios para a Eurocopa 2008, o 2 de xuño ante Macedonia e o día 6 dese mes ante Andorra. Ademais de Aouate foron convocados Andrade con Portugal, para medirse a Bélxica en partido oficial e Kuwait nun choque amigable; Estoyanoff para enfrontarse con Uruguai a Australia o 2 de xuño nun partido de preparación da Copa América; De Guzman para xogar con Canadá a Golden Cup en Miami(Estados Unidos) ante Costa Rica (6 de xuño), Guadalupe (9 de xuño) e Haití (11 de xuño); e Bodipo para dous choques oficiais valedoiros para a Copa de África Ghana 2008 ante Ruanda en Kigali (2 de xuño) e fronte a Liberia en Monrovia o 17 de xuño.