RCD / NOVAS

Estrella Galicia e o Real Club Deportivo celebran 10 temporadas xuntos ampliando a súa relación 3 máis

16/05/2018 17:50

A Cervecería de Estrella Galicia en Concepción Arenal acolleu este mediodía o acto de presentación do acordo de patrocinio de Hijos de Rivera (a través das súas marcas Estrella Galicia e Cabreiroá) e o Real Club Deportivo co que ambas as entidades quixeron celebrar as 10 temporadas xuntos como esponsor principal do Club e a ampliación do vínculo por 3 temporadas máis.

Os encargados de brindar por esta renovación de acordo foron Tino Fernández, presidente do Real Club Deportivo e José Cabanas, Chief Marketing Officer de Hijos de Rivera. Ambos profundaron na relación histórica de ambas as marcas, reforzada desde hai 10 temporada co patrocinio principal do equipo. Nesta liña, Tino Fernández, fixo entrega para o Museo Estrela Galicia dun documento que reflicte como en 1909 o seu antecesor no cargo, Laureano Martínez, motivaba ao incipiente Deportivo con botellas de cervexa para premiar aos seus xogadores.

Como en anteriores contratos de patrocinio as contraprestacións económicas para o Real Club Deportivo e publicitarias para Estrella Galicia e Cabreiroá melloran, aínda que se adaptan aos valores pactados para o investimento e retorno que ten LaLiga 1|2|3, inferiores aos de LaLiga Santander.