18/11/2016 16:31 |
RCD / NOVAS
Estrela Galicia lanza unha edición especial en apoio ao Deportivo
A firma Estrela Galicia, patrocinador do Real Club Deportivo, acaba de presentar unha edición especial de cervexa de apoio ao Club.Será unha edición especial de botellas diseñadas co escudo do R.C. Deportivo da Coruña e a lema “Sempre Depor” que estará dispoñible na canle de hosteleríá finais de maio. Con este lanzamento, a marca de cervexa de orixe galega homenaxea ao club coruñés que, nestes momentos, conta con todo a calor dos afeccionados para manterse na liga de Primeira División.

Estrela Galicia quere demostrar así o seu compromiso co fútbol galego e co Deportivo, do que é patrocinador desde hai varias tempadas. Por iso lanzará, a finais deste mes, 720.000 botellas desta nova edición de Estrela Galicia Especial coa que a emblemática cervexa homenaxea ao club branquiazul. Esta acción enmárcase dentro da campaña que está a desenvolver a marca en apoio ao equipo coruñés.