RCD / NOVAS

Estrela Galicia reúne a Lucas Pérez e Iago Aspas, con motivo Campionato Galego de tiraxe

  Estrela Galicia, patrocinador de RC Deportivo e RC Celta, reunió onte luns no Hostal dos Reyes Católicos de Santiago de Compostela ao dianteiro coruñés Lucas Pérez e ao vigués Iago Aspas, na semana previa de #ONosoDerbi, do sábado 2 de abril en Balaídous (22.05, TVE).  

29/03/2016 09:13

O motivo para reunir a dous dos futbolistas galegos máis destacados do momento foi o terceiro campionato galego de tiraxe de cervexa, cuxo primeiro premio, a Gustavo Rei da Cervecería Encontro de Ribadumia, foi entregado ao alimón polos dous xogadores. No acto participou tamén Moncho Fernández, técnico do Río Natura Monbús (CB Obradoiro de Santiago), único equipo galego na ACB.
 
Tanto Lucas Pérez como Iago Aspas responderon as preguntas sobre o próximo derbi da presentadora do acto, a xornalista Lara Viveiro; e atrevéronse a tirar unha cana, ante os aplausos dos asistentes.
 
O acto finalizou cunha rolda de prensa de ambos os deportistas e un pousado para medios de comunicación e afeccionados convidados de Estrela Galicia.

Máis novas de: LUCAS PÉREZ, Estrella Galicia