RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Exame de altura para o Dépor ABANCA, mañá en Abegondo ante o subcampión de Portugal

O Deportivo ABANCA encara unha fin de semana con dous interesantes partidos en Abegondo. Mañá sábado 18, as branquiazuis reciben (16:00 horas) ao Sporting Braga, vixente subcampión de Portugal.

Para este choque, Manu Sánchez citou a estas xogadoras: Anita, Miralles, Cris, Patri Díaz, Silvia Mérida, Laura, Patri López, Iris, María Calvo, Gaby, Lía, Peke, Alba Suárez, Teresa, Érika e Michelle Romero, que regresa ao equipo tralo seu descanso estival.

Ademais, o domingo 19, o Deportivo ABANCA xógase o pase á final da Copa Deputación da Coruña ante o Victoria FC de Santiago (20:00 horas).

Ambos os choques serán de entrada gratuíta para os afeccionados que se acheguen á Cidade Deportiva.

Só falta por incorporarse ao traballo Nuria Rábano, que participa este mes de agosto con España no Mundial sub-20 en Francia.