Esta fin de semana, con parón ligueiro pola festividade do Entroido, o Infantil do Deportivo compite nun torneo amigable na localidade portuguesa de Ponte Frielas, moi preto de Lisboa.
Os rivais iniciais do conxunto branquiazul serán o FC Porto, SC Braga e UD Ponte de Frielas.
O calendario de partidos, con horario local (unha hora máis en Galicia), é o seguinte:
Primeira Fase
Sábado 22 de febreiro
14:00: DEPORTIVO - UD PONTE DE FRIELAS
Domingo 23 de febreiro
9:15: DEPORTIVO - FC PORTO
15:10: SC BRAGA - DEPORTIVO
Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais, o luns 24; mentres que os outros dous equipos do grupo disputarán unha Fase de Consolación, o martes 25.
Torneo amigable para o Benxamín B en Catoira
Pola súa banda, o Benxamín B participará o sábado 22 de febreiro nun torneo amigable en Catoira (Pontevedra), organizado polo conxunto local, o Catoira SD.
O equipo branquiazul terá como primeiros rivais ao Catoira SD A e ao CD Sar, con este calendario de partidos correspondentes á Primeira Fase no Municipal das Lombas:
11:15: CATOIRA SD A - BENXAMÍN B (campo 1)
14:35: BENXAMÍN B - CD SAR (campo 1)
Os 2 primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancan ás 16:15 horas.