RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Excesivo castigo do Victoria CF a un Dépor ABANCA B que accede de terceiro á Fase polo Título

O Deportivo ABANCA B recibiu un excesivo castigo en Abegondo do Victoria CF (2-4) nun partido cuxo resultado máis xusto fose unha igualada, a tenor dos méritos dun e outro equipo.

Nuria Torres e Andrea Ansede foron as autoras dos goles branquiazuis neste encontro correspondente á 18ª xornada, última, no subgrupo A do grupo 1º de Primeira Nacional.

Con este marcador, o Deportivo ABANCA B accede como terceiro clasificado á Fase polo Título, só superado na táboa polo Victoria CF e o Viajes InterRías FF.

As deportivistas sumaron en 18 partidos desta Primeira Fase 9 triunfos, 3 empates e 4 derrotas; con 58 goles a favor e 22 en contra.

Da clasificación do Deportivo ABANCA B, selada a pasada semana, falou Manu Sánchez, técnico do primeiro equipo en rolda de prensa: "É moi positivo. Á parte de adestrador do Deportivo ABANCA son un pouco o coordinador de todo o proxecto. A presenza de xogadoras do filial no primeiro equipo é algo que xa é frecuente desde o primeiro día. Recordo que o primeiro ano debutaron até nove xogadoras connosco. Estamos aquí cunha responsabilidade maior. Temos a responsabilidade de ser o proxecto do fútbol galego. Nese sentido creo que as mellores xogadoras de Galicia están aquí".

Cualificou o traballo de Kevin Cabado (técnico) e do seu staff como "espectacular. É un traballo moito máis complicado que o meu. É un traballo de formar e de conseguir que esas rapazas poidan chegar ao fútbol profesional. Se cadra non aquí, como moitos casos que vivimos. Hai que felicitar a Kevin e aos seus colaboradores e a todas as rapazas porque están a conseguir algo que aínda que pareza moi fácil, non o é".

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Paula, Nuria Torres, Rivas, Lara, Navia, María Figueroa, Marta Rico, María Calvo, Tati e Andrea Ansede. Tamén xogaron: Lucía e Laura Testa.

Nos próximos días quedará configurado definitivamente o calendario desta Segunda Fase ou Fase polo Título cos outros tres primeiros equipos do subgrupo B: Oviedo Moderno CF B, Gijón FF e CDE Racing Féminas ou CD Monte.

Os resultados do Dépor ABANCA B esta Primeira Fase foron os seguintes:

Deportivo ABANCA B 9 (Aroa -4-, Eva Dios -2-, María Calvo -2- e Navia) - Umia CF 0
Viajes InterRías FF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Carlota e unha futbolista rival en propia meta) - Victoria FC 1
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 15 (Lucía -4-, Eva Dios -3-, Andrea Ansede -3-, Marta Rico -2-, Carlota, Lara e Patri López) - CD Valladares 0
Atlético Arousana 1 - Deportivo ABANCA B 2 ( Eva Dios e Nuria Torres)
Deportivo ABANCA B 4 (Nuria Torres, María Calvo, Aroa Guerra e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 2
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Eva Dios)
Umia CF 4 - Deportivo ABANCA B 1 (Eva Dios)
Deportivo ABANCA B 1 (Sara Álvarez) - Viajes InterRías FF 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Aroa Guerra)
Deportivo ABANCA B 2 (Aroa Guerra e Tati) - UD Mos 1
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Eva Dios, Tati -2-, Carlota, Nuria Torres, Andrea Ansede e Laura Testa)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo, Navia, Andrea Ansede, Tati -2- e Sara Álvarez) - Atlético Arousana 0
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Andrea Ansede)
Deportivo ABANCA B 2 (Nuria Torres e Andrea Ansede) - Victoria CF 4