RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Excesivo castigo para un Dépor ABANCA B que pagou cara a súa falta de eficacia

O Dépor ABANCA B sufriu un inmerecido castigo en Abegondo (0-3) ante o Gijón FF, en partido correspondente á 23ª xornada en Primeira Nacional.

As branquiazuis dominaron o xogo e dispuxeron de numerosas ocasións. Por contra, as xixonesas anotaron nos seus tres achegamentos.

Óscar Orro, técnico do Orzán SD Infantil Feminino, dirixiu ao filial en substitución de Kevin Cabado, á fronte do Dépor ABANCA en Sant Joan Despí no choque de Reto Iberdrola ante o FC Levante Las Planas.

Causaron baixa Aroa Guerra, Paula Novo e Paula Monteagudo, citadas polo primeiro equipo; ademais de Nuria Gómez, lesionada.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B permanece na 5ª posición da táboa con 38 puntos.

Deportivo ABANCA B: Martina, Elena López 'Cusi', María Calvo, Ansede, Lucía Mariño, Carmen Carballada, Marta Rico, Noela, Laura Testa, Marta Méndez e Tati. Tamén xogaron: Abril Pazos, Mar Sierra, Laura Otero e Trillo.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B visita ao Victoria FC.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo) - CF Versalles 1
CD Olímpico de León 1 - Deportivo ABANCA B 3 (Marta Rico -2- e María Calvo)
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Marta Rico) - PM Friol 2
Oviedo Moderno CF B 4 - Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo)
Deportivo ABANCA B 0 - Gijón FF 3