Exhibición de fortaleza do Deportivo ABANCA B en Santiago
O Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, impúxose en Santiago ao Victoria FC B (1-4), un rival da zona alta da clasificación.
Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez foron as autoras dos goles branquiazuis.
As deportivistas, moi centradas, amarraron con xustiza os 3 puntos, suman 27 e avantaxan en 4 puntos ao seu inmediato perseguidor, as Viajes InterRías FF, que ten actualmente 23 puntos.
Deportivo ABANCA B: Jessi, Lara, Rivas, Sofía, Antía, Ainhoa, Sara Piñeiro, Michelle Clemente, Carlota e Patri López. Tamén xogaron: Ana, Andrea, Lara, Lucía e Peke.
A próxima fin de semana, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao CF Deportivo Orzán.
A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:
Antas 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta) Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia 0 Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez) Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán 1 SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López) Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1 SD Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara) Deportivo ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD Milagrosa 0 Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez)