RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Exhibición ofensiva do Deportivo ABANCA B ante o CD Oceja

O Deportivo ABANCA B ofreceu esta tarde un recital ofensivo ante o CD Oceja en Abegondo (8-0), en partido correspondente á 3ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía foron as goleadoras branquiazuis, que con este resultado son líderes da categoría con 9 puntos de 9 posibles; igualadas iso si a puntos co segundo clasificado, o CD Monte.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Sara Álvarez, Bermúdez, Rivas, Lucía, Lara, Sara Piñeiro, Patri López, Michelle Romero, Alba Suárez e Navia. Tamén xogou: Nuria Torres.

O vindeiro domingo 6 de outubro (12:00 horas) o Deportivo ABANCA B visita ao Viajes InterRías FF no campo de Baltar (Portonovo).

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 6 (Carlota -2-, Aroa, Patri López, Patri Díaz e Ainhoa) - CD Valladares 1
Sárdoma CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Patri López, Navia e Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -2-, Alba Suárez, Bermúdez, Sara Álvarez, Navia, Sara Piñeiro e Lucía) - CD Oceja 0