RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
XUVENÍS

Exhibición ofensiva do Xuvenil A ante o Marina Sport

O Xuvenil A foi moi superior (7-0) ao Marina Sport, nunha exhibición ofensiva do conxunto deportivista que prepara Rubén Coméndez. Mujaid, Adrián (2), Pedro, Boedo e Mosquera (2) foron os autores dos goles branquiazuis. Con este resultado, o Xuvenil A suma 29 puntos na terceira posición da táboa no grupo 1º da División de Honra, a 6 puntos do líder, o RC Celta, que con 35 manda no grupo. Precisamente o conxunto vigués visitará Abegondo o vindeiro sábado 10 de decembro ás 12.00, en partido retransmitido en directo por Gol TV.

Xuvenil A: Chema, Víctor, Jiménez, Mujaid, Joel, Gandoy, Adrián, Iago Novo, Pedro, Ortuño e Boedo. Tamén xogaron: Sito, Mosquera, Porrúa e Nico.

Os resultados ata a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Celta A 3 - Xuvenil A 2 (Adri e Iago Novo)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Pabellón 0
Bansander 2 - Xuvenil A 1 (Sandá)
Xuvenil A 3 (Sito -2- e Adrián) - Racing de Santander 0
Lugo 0 - Xuvenil A 0
Xuvenil A 5 (Joel, Adrián, Mosquera, Boedo e un futbolista rival en propia meta) - Santiago de Compostela 2
Xuvenil A 2 (Ortuño e Aarón) - Tropezón 1
Oviedo 4 - Xuvenil A 4 (Pedro -2-, Ortuño e Boedo)
Xuvenil A 2 (Pedro e Boedo) - Sporting de Gijón 1
Roces 1 - Xuvenil A 1 (Boedo)
Xuvenil A 2 (Adrián e Pedro) - Alondras 2
Avilés 1 - Xuvenil A 3 (Boedo, Gandoy e Adrián)
Xuvenil A 1 (Boedo) - Areosa 1
Val Miñor 1 - Xuvenil A 3 (Pedro e Boedo -2-)
Xuvenil A 7 (Mujaid, Adrián -2-, Pedro, Boedo e Mosquera -2-) - Marina Sport 0