RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Exipto, rival de Marrocos e Fayçal en cuartos de final da Copa de África

- Foto: www.cafonline.com -

Exipto, que venceu onte á noite a Ghana (1-0), como primeira do grupo D será o rival de Marrocos, con Fayçal Fajr, nos cuartos de final da Copa de África Gabón 2017. O xogo será este domingo 29 de xaneiro ás 20:00 horas no Stade de Port-Gentil, na cidade gabonesa de Port-Gentil.

O pasado martes 24 de xaneiro a selección marroquina, con Fayçal no once inicial, impúxose (1-0) á actual campioa Costa de Marfil no choque decisivo da Primeira Fase.

O atacante deportivista xogou 83 minutos e tivo unha actuación destacada, cun tiro ao pau no minuto 25 de partido, nunha das ocasións máis claras.

Con este resultado, Marrocos, con dúas vitorias e unha derrota, clasificouse como segunda de grupo, por detrás do Congo.

Fayçal foi titular ante Togo e Costa de Marfil; e xogou os últimos 17 minutos fronte ao Congo, no debut de Marrocos na competición.

Os resultados de Marrocos na Primeira Fase e o calendario son estes:

Luns 16 de xaneiro
CONGO 1 - MARROCOS 0

Venres 20 de xaneiro
MARROCOS 3 - TOGO 1

Martes 24 de xaneiro
MARROCOS 1 - COSTA DE MARFIL 0

Domingo 29 de xaneiro
Cuartos de final
20:00 (hora local): EXIPTO - MARROCOS