RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Exitosa participación do fabrilista Pedro coa selección portuguesa sub-20

O dianteiro do Fabril Pedro Correia, vixente campión de Europa sub-19, acaba de participar esta semana nunha concentración con Portugal sub-20.

O canteirán branquiazul disputou ademais un partido amigable o pasado mércores 17 de outubro na localidade italiana de Crotone ante Italia sub-20.

Venceron os portugueses (1-2). Pedro foi titular e marcou o primeiro gol do partido, no minuto 36. Foi relevado no 77 por José Gomes.

O ariete do filial branquiazul incorpórase xa á disciplina do Fabril, que este domingo 21 de outubro (17:00 horas) recibe en Abegondo ao San Sebastián de los Reyes, en partido pertencente á 9ª xornada no grupo 1º da Segunda División B.