RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Exitosa visita do Cadete ao difícil campo do CD Lugo

O Cadete, após proclamarse campión de inverno, arrancou a segunda volta na División de Honra cunha exitosa visita (0-2) ao sempre difícil campo do CD Lugo.

Xian e Lucas foron os autores dos goles nun partido correspondente á 20ª xornada no que os branquiazuis tiveron que tirar de oficio.

Con este resultado, o equipo de Daniel González lidera a clasificación con 58 puntos.

Ademais de por esta vitoria, o conxunto branquiazul está de parabén tamén polo regreso de Pablo García, titular esta tarde en Lugo, á selección española sub-15 para disputar un dobre amigable ante Polonia, o martes 31 de xaneiro e o xoves 2 de febreiro no Estadio Guillermo Amor de Benidorm.

O futbolista coruñés incorporarase á concentración do combinado nacional na localidade alacantina de Alfaz del Pi este luns 30 de xaneiro.

Cadete: Yeray, Pablo García, Sergio, Samuel, Carlos, Iván, Xian, Lucas, Rubén, Nico Ruiz e José Rey. Tamén xogaron: Telmo, Dani, Vergara e Uxío.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao AJ Lérez.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico Ruiz -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico Ruiz, André e Iker Gil)
Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén)
Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo)
Cadete 3 (André, Rubén e Nico Ruiz) - Viveiro CF 1
CD Areosa 0 - Cadete 4 (Xian -2-, Lucas e André)
Cadete 2 (Rubén e Brian) - Coruxo FC 0
CD Choco 0 - Cadete 9 (Xian, Nico Ruiz, Dani -3-, Iker Gil -2- e Brian -2-)
Cadete 8 (Rubén -3-, Lucas, Pablo García e Dani -3-) - ED Xuventude de Oroso 0
San Tirso SD Cadete 0 - Cadete 4 (Rubén -2-, Lucas e Nico Ruiz)
Cadete 10 (Nico Ruiz, André -2-, Telmo, José Rey, Dani -2-, Lucas, Brian e Pablo Pereda) - Pontevedra CF 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete 2 (Lucas e Rubén)
Cadete 5 (Telmo, Nico Ruiz, Lucas, Rubén e José Rey) - Arosa SC 1
Bergantiños CF 0 - Cadete 12 (Lucas -2-, Nico Ruiz, José Rey -2-, Rubén -2-, Brian -3- e Xian -2-)
Cadete 4 (Rubén -2-, Sergio e Xian) - Rápido de Bouzas 0
ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 4 (Nico Ruiz, Lucas -2- e un futbolista rival en propia meta)
CD Lugo 0 - Cadete 2 (Xian e Lucas)