RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Exitoso test de preparación do Orzán SD Xuvenil Feminino no campo do Sporting Burgo

O Orzán SD Xuvenil Feminino, ao que lle tocou descansar na segunda xornada da Primeira División Galega, aproveitou esta circunstancia para disputar un amigable ante o Sporting Burgo no campo da Lavandeira.

O resultado, o de menos neste tipo de encontros, favoreceu ao cadro orzanista (1-9), con goles de Abril -3-, Valeria -3-, Macarena González, Lucía Rivas e Sara Cercido.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Irene Arcay, Uxía López, Celia Sousa, Antía Brage, Iria Otero, Abril, Laura Deus, Ivana, Valeria e Noe. Tamén xogaron: Martina, Sara Cercido, Lucía Rivas, Daniela e Macarena González.

O Orzán SD Xuvenil Feminino arrancou a competición a pasada fin de semana na Primeira División Galega cun traballado triunfo en Tordoia (2-3). Lucía Rivas, Laura Otero e Laura Santos foron as autoras dos tantos orzanistas.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara César Conde recibirá na Torre ao Bergantiños CF, en choque correspondente á 3ª xornada.