RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fabian Schär, Xogador Estrella Galicia de novembro

Esta mañá fíxose entrega, nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, do premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de novembro, outorgado ao central internacional suízo Fabian Schär.

Os responsables de Alcume Mesón Restaurante, con Fernando Tomé á cabeza, foron os encargados de entregar o galardón no terceiro acto deste premio que cada mes deixa en mans dos afeccionados do Dépor, mediante unha votación popular a través das redes sociais do Club, a elección do que consideren mellor xogador dese período de tempo.

No mes de novembro o tres finalistas, elixidos os medios que cobren a diario a información do RC Deportivo foron Fede Valverde con 24 votos, Schär con 22 e Fede Cartabia con 16. De entre eles, nas votacións por Twitter e Facebook repartíronse así: 8.196 votos en Twitter (50% para Valverde, 35% Schär e 15% Cartabia) e 435 en Facebook (67% para Schär, 24% para Cartabia e 9% para Valverde).

A pesar de que o internacional uruguaio acumulou o maior número de votos, tanto na elección previa como na final, Fede Valverde renuncia persoalmente ao seu recoñecemento deste mes de novembro ao non considerarse merecedor de tal distinción. Quere agradecer “a todos os compatriotas uruguaios e seguidores de Peñarol que lle mostraron, cos seus votos, o seu enorme agarimo, respecto e ganas de que triunfe no fútbol europeo” pero recoñece que este apoio maioritario chegou máis por estas raices que lle unen cos votantes que polas súas actuacións co Dépor, polo que prefire que o premio sexa “para outro compañeiro que merece tanto como eu este recoñecemento que eu xa me gañei e gocei o mes pasado”.

Deste xeito, e após o xesto deportivo e de compañeirismo e humildade do centrocampista uruguaio, o Xogador Estrella Galicia do mes de novembro é o internacional suízo Fabian Schär, que o pasado mes de novembro sumou ademais goles ás súas actuacións de titular indiscutible no centro da zaga do cadro branquiazul. Schär únese neste ano 2017 a Luisinho (setembro) e Fede Valverde (outubro) como Xogador Estrella Galicia do mes.