RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio Coloccini, traspasado ao Newcastle de Inglaterra

Real Club Deportivo e Newcastle selaron esta tarde o traspaso de Fabricio Coloccini ao club inglés. Ambos os clubs habían alcanzado un acordo verbal a pasada semana que hoxe se firmó por escrito.

O internacional arxentino chegou ao Deportivo no mercado de inverno da tempada 2004-05 procedente do Milan. Custou 3 millóns de euros e, a cambio, o equipo "rossonero" comprometeuse a disputar o Trofeo Teresa Herrera do Centenario do Dépor. Catro tempadas despois, Coloccini márchase ao Newcastle e deixa un beneficio á entidade branquiazul que podería roldar os 13 millóns de euros.

Desde San Cristóbal, Miguel Anxo Lotina asumiu xa desde onte a marcha do central deportivista. Agora toca un recambio. "Eu téñoo claro o xogador que quero e el mesmo e o seu axente sábeno. No entanto prefiro manter antes unha reunión co Presidente", argumentou o técnico vasco en rolda de prensa mantida na cidade venezolana.