RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio cre que os puntos de Almería ''teñen unha importancia vital''

Fabricio reconoció ante os medios informativos que "pasamos un mal fin de semana polo resultado que tivemos no derbi. Estamos tristes, doídos pero temos unha final en Almería e temos que tentar esquecernos deste fin de semana pasado e c

A meta deportivista opina que os resultados doutros equipos implicados na pelexa por evitar o descenso "non nos favoreceron. Pero nós temos que centrarnos en nós mesmos, en pelexar cada partido e sacar os nosos puntos. E os de Almería teñen unha importancia vital".

Do derbi ante o Celta, Fabricio subliña que "o resultado foi demasiado. Cometemos dous erros e custounos o partido. Pero tivemos as nosas ocasións, mesmo cun menos. A verdade é que foi unha mágoa. O equipo esforzouse, fixo todo o posible e por mor de que quedamos cun menos creo que se nos puxo moi difícil o partido. Pero creo que o equipo deu a cara, está nunha boa dinámica, e aínda perdendo estamos a traballar ben e o equipo vese mellor. Cada vez vannos saíndo mellor as cousas no terreo de xogo".

O porteiro canario asegura que nun dos tramos decisivos do campionato, "se temos medo ímonos a Segunda do tirón. Non podemos ter medo a nada. Xogas contra o Real Madrid, actual campión de Europa, e perdes. É de esperar. O outro día si que tiñamos moita fe. Puxeramos unha chea de ilusión, e demos todo o que tiñamos para gañar o derbi e creo que nos saíron mal as cousas. Penalizáronnos moito os dous erros que tivemos. Pero nada máis. Non podemos volvernos tolos e baixar a cabeza. Ninguén nos regalou os 24 puntos que temos. Pasámolo mal, melloramos e temos que ter fe no que estamos a facer, no traballo que vimos realizando o día a día. Temos que partirnos a cara cada fin de semana, estar unidos, ser unha piña como o estamos sendo e estar o máis acertado posible cada fin de semana".