RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio: Esta é a miña casa e espero poder seguir aquí máis tempo

Fabricio Agosto compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa da cidade deportiva branquiazul. "Desde que entré pola porta de Abegondo o día 2 o único que penso é no Deportivo, en porme na mel

Confirmou que continúan abertas as conversacións para a súa continuidade: "Falamos e temos que chegar a un acordo. Estamos niso, tentando solucionalo. É a miña esperanza, a de poder chegar a un acordo, e estamos a traballar niso".

A meta deportivista insiste en que se chega algunha proposta, "ten que ser boa para o Club. Que o Club me chame, 'ouve Fa, ésto é moi bo para nós, con este diñeiro imos investir en Lucas, en Sidnei, e en tres xogadores ou dous máis'. E de aí tamén ten que ser boa para min. Tenme que chamar o Club a min, e non eu dicirlle teño esta oferta, cóllea. O único que penso é no Deportivo, en seguir aquí gozando como o fixen ata agora. Esta é a miña casa, así sinto e espero poder seguir aquí máis tempo".

Lembrou Fabricio a Juan Domínguez, cuxa negociación para a súa continuidade, culminada o pasado mes de xuño, "alongouse bastante e resolveuse case ao final. E aquí está outro ano máis connosco. Eu o único que me teño que centrar é en traballar día a día, en responder os adestramentos, en mellorar, coller a forma e éso é o único que está na miña cabeza".