RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio: O equipo vai mellorando semana tras semana, adestro tras adestro

Fabricio reconoció esta mañana ante os medios de comunicación, na sala de prensa de Abegondo, estar "moi contento polo traballo que fixemos, por lograr a vitoria. Soubemos pelexar durante todo o partido, aguantar cuándo ti

Décimo cuarto na clasificación, con tres puntos por encima do descenso, opina que "o equipo vai mellorando semana tras semana, adestro tras adestro. E esa é a ida, seguir mellorando, seguir tentando sumar a maior cantidade de puntos canto antes. Ese é o camiño. Temos que seguir traballando e tendo fe no que vimos facendo. E éso vainos a levar a final de tempada a conseguir o obxectivo".

Titular nun Raio Vallecano - Fabril de Segunda B que se saldou con triunfo fabrilista, a meta canario chanceou respecto diso: "Co Dépor déuseme ben. Con outros equipos tiven distintos resultados: empatei, perdín. Co Dépor, ata agora gañamos".

De Borja López, que se estreou hoxe en Abegondo, di que "se lle ve que ten ganas de estar connosco e de facelo ben. Ímolo a recibir con todo o agarimo do mundo, que estea o máis a gusto posible e que poida traballar coa maior alegría que poida atopar no vestiario".

A Celso Borges, debutante co Dépor o pasado venres, Fabricio viuno "ben. Viña traballando ben. Está a adaptarse día tras día e tiña moitas ganas de debutar e de poder xogar. Creo que estivo afortunado de meter o gol de rebote, despois transformou o penalti. Fixo un gran traballo, como o resto de compañeiros".