RCD / NOVAS

Fabricio pide 'que todos esteamos unidos ata o final'

Fabricio compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. "Temos que sacar o partido de Xetafe (domingo 5 de abril ás 19.00 horas, Gol T e Canle + Liga) como sexa. Sabemos da importancia que ten e que é vital. Non hai outra. É un partido moi importante para nós, e también o será para eles. Por iso también vai ser moi difícil".

31/03/2015 22:20

Pide a meta deportivista neste tramo decisivo da liga "que todos esteamos unidos ata o final, que só pensemos no Dépor, remar todos na mesma dirección, e tirar todos do mesmo carro cara a adiante. Logo, unha vez que termine e logremos o obxectivo da permanencia, senten a falar e que pelexen no que teñan que pelexar, con palabras por suposto. E que o arranxen canto antes para que nos animen como o fixeron sempre, e sexamos un, o Deportivo, e que vaiamos todos a un tempo".

Cre que este tramo da competición no mes de abril "vai decidir onde imos estar. Espero que escalemos posicións neste mes de abril". "Vai ser vital para nós. Estamos mentalizados que este mes vai ser vital para nós", engade Fabricio.

Máis novas de: FABRI

RCD / Noticias Relacionadas

05/07/2016 12:59 |

Fabricio: ''Voume coa satisfacción de que o dei todo. É o momento dun novo reto''

Un Fabricio profundamente emocionado se despidió esta mañana en Riazor do Dépor e da Coruña. O Real Club Deportivo quere agradecerlle todos estes añvos de traballo no Club, desde as categorías inferiores ao primeiro equipo, demostrando as súas cualidades profesionais e persoais durante todo este tempo; á vez que desexarlle moitos éxitos na súa nova etapa futbolística.

24/05/2016 10:59 |

Fabricio e Lux reciben a alta médica

  Vos Servizos Médicos do RC Deportivo deron lestes días a alta médica aos gardarredes Fabricio Agosto e Poroto Lux. Por conseguinte, ambos vos futbolistas áchanse de vacacións, mais aptos para iniciaren a pretemporada próxima adestrando con normalidade.

18/01/2016 16:31 |

Fabricio pasou hoxe luns revisión rutineira en Barcelona

  Fabricio Agosto, acompañado polo doutor Carlos Lariñou, se desplazó hoxe luns 18 de xaneiro a Barcelona para pasar revisión rutineira polo Dr. Cugat da intervención quirúrgica no seu xeonllo dereito o pasado 4 de decembro. Os médicos constataron que o proceso de recuperación da meta deportivista marcha según os prazos previstos e sen contratempos.