RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Fabricio recibe hoxe luns o 'Premio Revelación' que outorga a pena Rebumbio

A peña deportivista Rebumbio recoñecerá esta tarde o gran traballo de Fabricio Agosto na tempada 2014-15, ao outorgarlle o 'Premio Revelación 2015'.

O acto será esta tarde, ás 20.30 horas, na sede da citada agrupación deportivista: Cervecería Ou'Malleys (Paseo das Pontes nº 5, zona de Santa Margarita) da Coruña.

Asegura a xunta directiva da pena que Fabricio "foi un alicerce fundamental na salvación do equipo, e a súa entrega e calidade notáronse en cada encontro".

Juan Domínguez (ano 2012), Fernando Vázquez (2013) e Pablo Insua (2014) tamén foron premiados pola pena deportivista Rebumbio.