RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fabricio: Todos somos conscientes do que nos xogamos

Fabricio compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo, minutos después de finalizar o adestramento do primeiro equipo. "Todos somos conscientes do que nos xogamos e do importante que é o partido do sábado. Por iso

Do rival, cre que o Athletic Club "ten grandes xogadores, que veñen facendo grandes tempadas. Sabemos da dificultade do partido e temos que dar o mellor de nós para poder superalo".

A nivel persoal, Fabricio recoñece que "me atopo ben e estou a gozar moito. Gozo de cada adestro, de cada partido. Tento facelo o mellor posible. Cambiei moito a miña forma de vida, cóidome ao máximo, tento estar o mellor posible para que a miña conciencia estea tranquila".

Da súa renovación, Fabricio teno claro: "Non quero saber nada ata xuño. Non podo estar a pensar no meu cando somos un grupo de veintitantos, cunha afección detrás. O único que me ten que preocupar é saír a gañar o sábado, o domingo, o luns da semana que vén... Non hai que ter nin a máis pequena distracción que poida entorpecer o camiño da permanencia", conclúe.