RCD / NOVAS

Fabricio xa está de regreso na Coruña

  Fabricio Agosto xa se atopa na Coruña. Acompañado polo doutor Carlos Lariñou, a meta deportivista realizó a viaxe desde Barcelona por estrada por prescripción médica, tras ser intervido quirúrgicamente do seu xeonllo dereito o pasado 4 de decembro na Clínica Quirón de Barcelona polo Dr. Cugat.

13/12/2015 11:09

A partir de agora, Fabricio empeza a súa recuperación, un camiño que percorrerá da man dos Servizos Médicos do Real Club Deportivo. Esta primeira etapa será de repouso deportivo, para, unha vez cumprida, iniciar traballos de fisioterapia e ximnasio xa en Abegondo.

Máis novas de: FABRI

RCD / Noticias Relacionadas

05/07/2016 12:59 |

Fabricio: ''Voume coa satisfacción de que o dei todo. É o momento dun novo reto''

Un Fabricio profundamente emocionado se despidió esta mañana en Riazor do Dépor e da Coruña. O Real Club Deportivo quere agradecerlle todos estes añvos de traballo no Club, desde as categorías inferiores ao primeiro equipo, demostrando as súas cualidades profesionais e persoais durante todo este tempo; á vez que desexarlle moitos éxitos na súa nova etapa futbolística.

24/05/2016 10:59 |

Fabricio e Lux reciben a alta médica

  Vos Servizos Médicos do RC Deportivo deron lestes días a alta médica aos gardarredes Fabricio Agosto e Poroto Lux. Por conseguinte, ambos vos futbolistas áchanse de vacacións, mais aptos para iniciaren a pretemporada próxima adestrando con normalidade.

18/01/2016 16:31 |

Fabricio pasou hoxe luns revisión rutineira en Barcelona

  Fabricio Agosto, acompañado polo doutor Carlos Lariñou, se desplazó hoxe luns 18 de xaneiro a Barcelona para pasar revisión rutineira polo Dr. Cugat da intervención quirúrgica no seu xeonllo dereito o pasado 4 de decembro. Os médicos constataron que o proceso de recuperación da meta deportivista marcha según os prazos previstos e sen contratempos.