RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Fabril e Bergantiños asinan táboas nun choque moi igualado en ABANCA-RIAZOR

O Fabril e o Bergantiños CF liquidaron o seu partido en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 26ª xornada en Terceira División, cun empate (1-1).

Adiantáronse os carballeses aos 10 minutos de xogo e empatou Gandoy ao cuarto de hora de partido. A partir de aí non se movería o marcador; aínda que Villares estrelou un balón na madeira que suporía o triunfo fabrilista.

Con este resultado, o Fabril é 6º con 40 puntos; a 4 puntos do CD Barco, último equipo que disputaría agora mesmo o play off de ascenso a Segunda División B.

Fabril: Álex Cobo, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Juan Rodríguez, Kanouté, Javi Sánchez, Gandoy, Mario Losada, Villares e David Sánchez. Tamén xogaron: Iago Novo, Aarón Sánchez e Jawed Boumeddane.

O vindeiro domingo 8 de marzo (17:00 horas), o Fabril visita ao UD Somozas. 

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)
Fabril 0 - Racing Villalbés 1
CSD Arzúa 2 - Fabril 0
Fabril 4 (Mario Losada -2- e Pedro -2- ) - UD Paiosaco H. Añón 2
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Pidlepenets, Villares, Pedro e Aarón Sánchez) - CD Pontellas 0
Fabril 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD Choco 0
Ourense CF 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Iago Parga) - CD Arenteiro 2
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Mario Losada e Iago Parga) - SD Compostela 2
CD Barco 1 - Fabril 1 (Villares)
Fabril 1 (Gandoy) - Bergantiños CF 1