RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fabril e Compostela empatan no primeiro dos dous amigables entre ambos

Xa na recta final da pretemporada, o Fabril recibiu esta tarde en Abegondo á SD Compostela no primeiro dos dous amigables previstos para esta semana fronte ao conxunto santiagués.

Óscar Gilsanz deu minutos a todos os convocados nun partido no que o filial branquiazul deu a talla (1-1) ante un rival de superior categoría, concretamente de 2ª RFEF.

David Martínez 'Davo' adiantou ao Fabril na primeira parte e empatou o Compos tralo descanso.

Fabril: Brais, Iván Guerrero, Manu Berrocal, Juan Rodríguez, Dani Barcia, Brais Val, Víctor, Fabio, Davo, Nájera e Padín. Tamén xogaron: Quique Teijo, David Suárez, Barba, Javi Sanmartín, Mario, Cambón e Raúl.

A próxima cita para o Fabril está prevista o sábado 29 de agosto de novo ante a SD Compostela, pero en San Lázaro, a partir das 19:00 horas.

O calendario de pretemporada do Fabril é o seguinte:

Fabril 4 (Nájera -2-, Padín e Quique) - SD Sofán 1
Fabril 2 (Nacho e Mario) - Silva SD 0
Fabril 1 (Davo) - Racing Villalbés 0
Fabril 1 (David Suárez) - Bergantiños CF 3
Fabril 1 (Davo) - CD Arenteiro 1
Ourense CF 2 - Fabril 1 (Mario)
Atlético Arteixo 0 - Fabril 3 (Davo, Víctor e Juan Cambón)
Fabril 1 (Davo) - SD Compostela 1
SD Compostela - Fabril, sábado 29 de agosto, 19:00h., Multiusos de San Lázaro (Santiago de Compostela)