RCD / NOVAS

Fabril e Compostela repártense os puntos após un espléndido final de partido

16/02/2020 16:38

O Fabril freou (2-2) ao líder da Terceira División, a SD Compostela, que se presentou en Abegondo en pleno refacho de triunfos.

Saíu mellor o filial deportivista ao céspede e adiantouse aos 9 minutos grazas a un gol de Mario Losada.

Nun choque igualado, o marcador non se movería até a segunda metade. O ex deportivista Bicho empatou para os santiagueses no 56.

A partir de aí o partido toleou. Iago Parga no minuto 85 volveu adiantar aos fabrilistas, pero case sen tempo para festexalo, igualou de novo o Compostela.

Co resultado deste encontro correspondente á 24ª xornada, o Fabril suma 35 puntos con 1 partido menos xogado; a un paso do play off de ascenso a Segunda División B.

Fabril: Alberto, Valín, Martí Vilà, Bourdal, Juan Rodríguez, Kanoute, Javi Sánchez, Gandoy, Mario Losada, Villares e Aarón Sánchez. Tamén xogaron: Iago Parga, Novo e Pedro.

O vindeiro sábado 22 de febreiro ás 17:30, a Fabril visita ao CD Barco, 4º agora mesmo na táboa con 40 puntos e, por conseguinte, último equipo que disputaría a día de hoxe a fase de ascenso.

Os resultados do equipo que dirixe Luisito até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1
Fabril 2 (Villares e Pedro) - Rápido de Bouzas 1
Polvorín FC 1 - Fabril 2 (Mario Losada -2-)
Fabril 3 (Aarón Sánchez, Mario Losada e Iago Parga) - UD Ourense 1
CD Estradense 0 - Fabril 2 (Javi Sánchez e Pedro)
Fabril 2 (Pedro e Gandoy) - CD As Pontes 1
Silva SD 2 - Fabril 1 (Mario Losada)
Fabril 0 - Racing Villalbés 1
CSD Arzúa 2 - Fabril 0
Fabril - UD Paiosaco H. Añón, o martes 25 de febreiro ás 16:15 en Abegondo
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Pidlepenets, Villares, Pedro e Aarón Sánchez) - CD Pontellas 0
Fabril 1 (o porteiro rival en propia meta) - CD Choco 0
Ourense CF 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Iago Parga) - CD Arenteiro 2
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 2 (Mario Losada e Iago Parga) - SD Compostela 2

RCD / DEPORTIENDA