RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
DÉPOR ABANCA B

Fabril e Feminino B gañan nos partidos da canteira de hoxe domingo

Hoxe domingo, en Terceira División, o Fabril regresou a postos de play off de ascenso a Segunda División B ao golear (5-0) ao As Pontes. Tamén o Feminino B volveu gañar (1-2) e segue a súa escalada na Primeira Autonómica.

O triplo derbi do Xuvenil A (retransmitido en directo por Gol TV), Xuvenil B e Cadete A co Celta, os tres partidos onte sábado en Abegondo, foron os encontros máis destacados da fin de semana na canteira deportivista. O balance foi de dúas derrotas e un empate, co que se afasta provisionalmente o liderado das tres categorías.

Finalmente, en alevíns, o Deportivo A sentenciou ante o Imperátor (0-13) o pase á segunda eliminatoria do Campionato Galego de fútbol oito. Falta o partido de volta desta primeira rolda, que será un trámite.

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Terceira División

FABRIL 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - AS PONTES 0

Categoría Feminina

Primeira División Autonómica: UMIA 1 - DEPORTIVO FEMININO B 2 (Vero -2-)

Categoría Xuvenil

División de Honra: XUVENIL A 0 - CELTA 3

Liga Nacional: XUVENIL B 0 - CELTA B 0

Categoría Cadete

División de Honra: CADETE A 0 - CELTA A 1

Liga Galega, grupo 1º: XUVENTUDE DE OROSO 4 - CADETE B 1 (Pol)

Categoría Infantil

Liga Galega, grupo 1º: SAN TIRSO 2 - INFANTIL A 4 (Jairo -2-, Padín e Jorge)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 6 (Álvaro, García, Kike, Trigo, Roque e Álex) - URAL B 0

Categoría Alevín

Primeira eliminatoria do Campionato Galego, ida: IMPERÁTOR A 0 - ALEVÍN A 13 (Baña, Yago -3-, Mella -2-, Zerfu -2-, Carlos -2-, Noah -2- e Javi)

Segunda Comarcal A Coruña: ALEVÍN B 5 (Óscar -3-, Lucas e Adrián) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 1

Categoría Benxamín

Primeira Comarcal A Coruña: LUÍS CALVO SANZ A 0 - BENXAMÍN A 4 (Pablo Fernández, Eli, Alex e David)

Segunda Comarcal A Coruña: ONCE CABALLEROS B 0 - BENXAMÍN B 2 (Diego e Iago)