RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Fabril e Racing Villalbés repártense os puntos nun partido igualado

Fabril e Racing Villalbés empataron esta mañá en Abegondo (2-2) nun partido igualado e cun tempo para cada equipo.

A primeira parte foi para o Fabril, que se adiantou 2-0 con tantos de Borja Domingo e Óscar. Tras o descanso, cambiou a decoración do partido. Apertou o conxunto de Vilalba, que recortou diferenzas nos primeiros minutos da continuación. Ademais, o cadro lucense viuse favorecido pola expulsión de Queijeiro por dobre cartón amarelo, no minuto 76. Tanto foi o cántaro á fonte que o Racing Vilalbés logrou empatar de penalti no minuto 88.

Con este resultado, o Fabril é líder da Terceira División con 67 puntos, con 6 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Rápido de Bouzas, que ten 61 puntos.

Fabril. Álex Cobo, Quique Fornos, Arnau, Nacho Monsalve, Lucas, Álex Corredera, Óscar, Queijeiro, Borja Domingo, Manu Molina e Jorge Carreón. Tamén xogaron: Ángel, Hugo Rama y Jardel.

A próxima fin de semana, o Fabril visita ao Ribadumia.

Os resultados do Fabril son os seguintes:

Fabril 5 (Óscar -5-) - Compostela 1
Fabril 1 (Jorge Carreón) - Bergantiños 2
Fabril 1 (Óscar) - Silva 1
Barco 2 - Fabril 3 (Bamba, Óscar e Borja Galán)
Fabril 1 (Borja Galán) - Arosa 2
Órdenes 0 - Fabril 3 (Borja Domingo -2- e Hugo Rama)
Fabril 2 (Óscar e Blas) - Villalonga 1
Rápido de Bouzas 2  - Fabril 0
Fabril 4 (Nacho Monsalve, Borja Domingo -2- e Borja Galán) - Choco 2
Cerceda 1 - Fabril 1 (Nacho Monsalve)
Fabril 2 (Borja Domingo e Manu Molina) - Negreira 1
Barbadás 1 - Fabril 0
Racing Vilalbés 1 - Fabril 0
Fabril 5 (Borja Galán, Óscar -2-, Jardel e Borja Domingo) - Ribadumia 0
Céltiga 0 - Fabril 2 (Edu e Jardel)
Fabril 2 (Borja Galán e Óscar) - Alondras 0
Castro 2 - Fabril 1 (Borja Domingo)
Fabril 5 (Óscar, Edu, Borja Domingo -2- e Manu Molina) - As Pontes 0
Dubra 0 - Fabril 3 (Edu, Borja Galán e Óscar)
Compostela 0 - Fabril 2 (Blas e Lucas)
Bergantiños 2 - Fabril 2 (Manu Molina e Borja Domingo)
Silva 2 - Fabril 5 (Manu Molina, Óscar, Borja Galán e Borja Domingo -2-)
Fabril 4 (Óscar, Edu, Borja Domingo e Jardel) - Barco 0
Arosa 3 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 2 (Óscar -2-) - Órdenes 0
Villalonga 0 - Fabril 1 (Álex Corredera)
Fabril 3 (Borja Galán, Borja Domingo e Queijeiro) - Rápido de Bouzas 0
Choco 0 - Fabril 1 (Óscar)
Fabril 2 (Queijeiro e Borja Domingo) - Cerceda 0
Negreira 0 - Fabril 2 (Óscar e Álex Corredera)
Fabril 1 (Edu) - Barbadás 0
Fabril 2 (Borja Domingo e Óscar) - Racing Villalbés 2