RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fabril e Silva asinan táboas (0-0) en Abegondo

Fabril e Silva SD igualaron (0-0) a todo esta tarde no campo principal de Abegondo en partido correspondente á 14ª xornada aprazado o pasado mes de xaneiro por COVID-19.

Os dous equipos non foron capaces de aproveitar as súas oportunidades en ataque nun encontro no que se impuxeron as defensas.

Juan Carlos Valerón deu minutos aos catro xuvenís convocados. Deles, dous foron titulares (Trilli e Yeremay); e os outros dous saíron desde o banco (Nájera e Guille Bueno).

Con este resultado, o Fabril mantense sétimo na táboa con 22 puntos e un partido menos xogado.

Fabril: Pablo Brea, Trilli, David Suárez, Yuste, Kanouté, Javi Sanmartín, Sarmiento, Pescador, Adri Castro, Yeremay e Reinoso. Tamén xogaron: Boedo, Javi Sánchez, Barba, Nájera e Guille Bueno.

O vindeiro domingo 28 de febreiro ás 12:00, o Fabril recibe en Abegondo ao Bergantiños CF. O encontro será a porta pechada pola pandemia de COVID-19.

Os resultados até a data do Fabril son os seguintes:

UD Somozas 0 - Fabril 0
Fabril 5 (Rayco, Manu Mosquera -2-, Sarmiento e David Suárez) - UD Paiosaco H. Añón 0
Silva SD 1 - Fabril 1 (Iván Guerrero)
Fabril 0 - CSD Arzúa 1
Racing Villalbés 3 - Fabril 3 (Rayco, Villares e Juan Cambón)
Fabril 2 (Villares e Boedo) - CD As Pontes 0
Bergantiños FC 2 - Fabril 1 (Boedo)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - Polvorín FC 4
Fabril 3 (Adri Castro, Barba e Yuste) - Agrupación Estudantil 1
SD Fisterra 1 - Fabril 2 (Adri Castro e Javi Sánchez)
Fabril 3 (Adri Castro e Rayco -2-) - Viveiro CF 0
Fabril 2 (Javi Sánchez e Boedo) - UD Somozas 0
UD Paiosaco H. Añón 2 - Fabril 1 (Barba)
Fabril 0 - Silva SD 0
CSD Arzúa 1 - Fabril 0
Fabril - Racing Villalbés, aprazado
CD As Pontes 3 - Fabril 2 (Barba e Guille Bueno)