RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Falece Campanal II, exxogador do Real Club Deportivo

Marcelino Vaquero González del Río "Campanal II" (Xixón, 13 de febreiro de 1932), exxogador do Real Club Deportivo, faleceu no día de hoxe aos 88 anos de idade en Avilés.

Campanal desenvolveu a práctica totalidade da súa carreira profesional en 1ª División co Sevilla FC entre 1950 e 1966, onde se converteu en lenda, antes de fichar polo Dépor para completar as súas dúas últimas temporadas na elite.

Na primeira delas disputou 16 partidos de branquiazul nunha campaña na que o Deportivo acabou perdendo a categoría como pechacancelas de primeira división. Á seguinte, disputou un total de 22 partidos nun ano no que se logrou de novo o ascenso a primeira como primeiros clasificados por diante de Valladolid e RC Celta. 11 veces internacional, Campanal chegou a ser capitán do combinado nacional con tan só 24 anos.

Antes de colgar as botas aos 37 defendeu as cores do Iliturgi e o Real Avilés no seu Asturias natal. Desde entón nunca abandonou a súa paixón polo deporte, converténdose nun destacado atleta veterano.

O Real Club Deportivo quere enviar os seus máis sentidas condolencias aos familiares, amigos e excompañeros Deportivistas de Marcelino "Campanal".