RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal asegura que o gol de onte ante o Raio Vallecano ''foi o mellor da miña carreira''

  Tras un primeiro tempo que acabó o Dépor en desvantaxe no marcador (1-2), o equipo branquiazul saltó ao campo tras o descanso disposto a darlle a volta ao resultado ante o Raio Vallecano. Ao minuto de xogo da reanudaci&oa

Esta mesma tempada, a punto estivo de facer un parecido no outro campo, ante o Atlético de Madrid. Naquela ocasión, o balón estrelouse na cruceta da meta de Oblak. Supuxese o 2-1 favorable ao Dépor.

O internacional marroquí lembra marcar outro tanto semellante defendendo a camiseta do Caen, fronte ao Bastia, na Segunda División de Francia, "na mesma posición, pero de falta". 
 
Apunta que o de onte ante o Raio "non foi un gol de sorte, porque moitas veces nos adestramentos traballo este tiro libre. Estou contento, pero hai que seguir traballando".
 
Fayçal asegura que a súa boa tempada no Dépor é froito de que "estou moi ben aquí en Coruña. Sinto moi ben no Club".
 
O atacante deportivista está convencido que "van volver as vitorias rápido. Facemos todo para gañar. Cando miramos os partidos que xogamos en casa (Valencia, Vilarreal e o de onte) tivemos moitas ocasións, tivémolo todo para gañar o partido. Non tivemos a sorte. Seguro que a imos a ter. Estamos a traballar. Sempre hai que traballar para gañar". "Non estou preocupado porque seguro que rápido imos conseguir unha vitoria", subliña.