O deportivista Fayçal Fajr iniciou onte luns 16 de xaneiro coa súa selección, Marrocos, a Fase Final da Copa de África Gabón 2017.
O seu primeiro rival foi o Congo DR no Stade d'Oyem, na cidade de Oyem (Gabón). Caeu Marrocos (1-0), nun partido no que Fayçal xogou os últimos 17 minutos, cando saltou ao céspede en substitución de Saïss.
Este venres 20 de xaneiro, o combinado marroquí mídese a Togo na segunda xornada. O calendario é o seguinte:
Luns 16 de xaneiro de 2017 CONGO 1 - MARROCOS 0
Venres 20 de xaneiro 20:00: MARROCOS - TOGO
Martes 24 de xaneiro 20:00: MARROCOS - COSTA DO MARFIL
Os dous primeiros de cada grupo acceden aos cuartos de final.