RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal e a súa selección, Marrocos, gañan á Costa de Marfil e clasifícanse a cuartos da Copa de África

- Foto: www.cafonline.com -

Hoxe martes 24 de xaneiro a selección marroquí, con Fayçal Fajr no once inicial, impúxose (1-0) á actual campioa Costa de Marfil no choque decisivo da Primeira Fase da Copa de África Gabón 2017.

O atacante deportivista xogou 83 minutos e tivo unha actuación destacada, cun tiro ao pau no minuto 25 de partido, unha das ocasións máis claras do encontro.

Con este resultado, Marrocos, con dúas vitorias e unha derrota, clasificouse a cuartos de final como segunda de grupo, por detrás do Congo.

Fayçal foi titular ante Togo e Costa de Marfil; e xogou os últimos 17 minutos fronte ao Congo, no debut de Marrocos na competición.

A próxima cita para o equipo nacional marroquí, os cuartos de final, será o domingo 29 de xaneiro ás 20:00 ante o campión do grupo D, Ghana ou Exipto.

Os resultados dos 'Leóns do Atlas' na Primeira Fase foron os seguintes:

Luns 16 de xaneiro
CONGO 1 - MARROCOS 0

Venres 20 de xaneiro
MARROCOS 3 - TOGO 1

Martes 24 de xaneiro
MARROCOS 1 - COSTA DE MARFIL 0