RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal e Albentosa falan de boas sensacións

  Fayçao Fajr e Raúl Albentosa atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio García Calvo de Negreira.

O internacional marroquí fala de moi "boas sensacións con todo o corpo técnico e os xogadores desde o primeiro día". "Estamos contentos e traballamos a lume de biqueira para empezar ben a liga", engade Fayçal. O atacante deportivista opina, ao afrontar a súa segunda tempada no Dépor, que "queremos crecer e mellorar o do ano pasado".
 
Pola súa banda, Albentosa confirma que "o equipo está a traballar ben, estamos en boa liña de traballo. O equipo non está ben ben para xogar 90 minutos enteiros. O míster decidiu 45 e 45. Creo que foi un partido bo, con intensidade. O tres ou catro cosas que quere o míster fixéronse no campo".
 
Pide o central deportivista ir "paso a paso. Primeiro coñecernos, saber o que quere o míster e aos poucos ir mellorando en todos os aspectos".