RCD / NOVAS

Fayçal e Andone incorpóranse aos adestramentos esta mañá

Dous dos internacionais, Fayçao e Florin Andone, incorporáronse esta mañana aos adestramentos do Deportivo en Abegondo. O centrocampista marroquí completó toda a sesión e o dianteiro romanés, do mesmo xeito que Sidnei, acabó o traballo no césped antes que o resto de compañeros. Bruno Gama tivo readaptación, do mesmo xeito que Fernando Navarro. Ambos se adestraron á marxe do grupo.  

07/09/2016 13:58

Faltan só por chegar Marlos Moreno e Celso Borges, que aterrarán mañá no Aeroporto da Coruña.

A sesión desta mañá tivo un traballo táctico por liñas e un partido once para once para finalizar. Os fabrilistas Óscar Pinchi, Quique Fornos, Queijeiro, Nacho Monsalve, Borja Galán, Lucas e Borja Domingo adestráronse ás ordes de Garitano.

Mañá xoves haberá xornada de descanso. O equipo volverá aos adestramentos o venres ás 10.30 en Abegondo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 5 de setembro
18.30: Adestramento en Abegondo

Martes 6 de setembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Mércores 7 de setembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Xoves 8 de setembro
Descanso

Venres 9 de setembro
10.30: Adestramento en Riazor ou Abegondo

Sábado 10 de setembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Máis novas de: FAYÇAL, ANDONE