RCD / NOVAS

Fayçal e Andone, sen minutos nos partidos de Marrocos e Romanía. Hoxe xoga Costa Rica

  Dous futbolistas do Deportivo tiveron onte sábado partido internacional coas súas respectivas seleccións: Fayçao con Marrocos en Gabón; e Andone con Rumanía en Armenia.

09/10/2016 09:19

Fayçal Fajr non tivo minutos con Marrocos
 
Marrocos, con Fayçal Fajr en en o banco, empatou con Gabón (0- 0) no estadio de Franceville na cidade gabonesa dese mesmo nome, en encontro clasificatorio para o Campionato do Mundo de Rusia 2018. O atacante deportivista non gozou de minutos nesta nova cita internacional de Marrocos.
 
Tras este choque, o combinado marroquí enfróntase o martes 11 de outubro a Canadá nun amigable que terá lugar en Marrakech (Marrocos).
 
Florin Andone, no banco romanés
 
Florin Andone está concentrado con Romanía para dous partidos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018 neste parón de seleccións. Onte sábado Romanía goleou a Armenia no Estadio da República en Yerevan (0-5).
 
O dianteiro deportivista estivo no banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.
 
O martes 11 de outubro, os romaneses desprázanse a Kazajistán nun encontro que terá lugar no Astana Area de Astana (20.00, hora local).
 
Costa Rica, con Celso Borges, ten amigable hoxe domingo en Krasnodar (Rusia)
 
A Selección de Costa Rica convocou ao mediocentro deportivista Celso Borges para un amigable ante Rusia, na cidade de Krasnodar (Rusia), hoxe domingo 9 de outubro. O partido arrincará ás 16.00 (hora local), e será a única cita da selección costarriqueña neste parón ligueiro.

Máis novas de: BORGES, FAYÇAL, ANDONE