RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal e Çolak, sen minutos onte sábado coas súas seleccións

  Dous deportivistas tiveron partido onte sábado coas súas respectivas seleccións nacionais, neste parón ligueiro de novembro:  Fayçao e Çolak. Ambos non dispuxeron de minutos de xogo. O pasado venres, Borges foi

Fayçal non saltou ao céspede ante a potente Costa do Marfil
 
Fayçal Fajr e o combinado marroquí recibiron á conta de Marfil onte sábado 12 de novembro no Gran Estadio de Marrakech (0-0), en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia de 2018. O atacante deportivista viu o encontro desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.
 
O martes 15 de novembro, no mesmo escenario (Gran Estadio de Marrakech), Marrocos mídese a Togo, esta vez nun partido de carácter amigable.
 
Emre Çolak estivo no banco fronte a Kósovo
 
Emre Çolak, con Turquía, recibiu no Antalya Area da cidade de Antalya a Kósovo, hoxe sábado 12 de novembro. O choque é clasificatorio para o próximo Campionato do Mundo. Venceron os turcos (2-0), co deportivista no banco.
 
É o único encontro da selección turca neste parón de seleccións. O futbolista branquiazul ten previsto estar este luns de regreso na Coruña.
 
Polonia foi un duro rival para Florin Andone, que xogou a segunda metade
 
O pasado venres, o dianteiro Florin Andone arrincou no banco o partido da súa selección, Romanía, ante Polonia, clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018. O ariete deportivista xogou a segunda parte, aínda que non puido evitar a derrota do seu equipo (0-3).
 
O segundo partido da selección romanesa deste parón de novembro será amigable, ante Rusia, o martes 15 de novembro na cidade rusa de Grozny. O choque arrincará ás 19.00 horas (hora local) no Achmat Area.
 
Celso Borges, titular en Trinidad e Tobago
 
Celso Borges foi titular na madrugada do venres ao sábado con Costa Rica en Trinidad e Tobago. O partido, tamén clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018, saldouse con vitoria costarriqueña (0-2). Borges disputou o noventa minutos, como é habitual.
 
O martes 15 de novembro, Costa Rica recibe en San José a Estados Unidos, ás 20.05 (hora local) no Estadio Nacional de Costa Rica.