RCD / NOVAS

Fayçal Fajr xogará a Copa de África o próximo mes de xaneiro en Gabón

22/12/2016 19:54

Fayçal Fajr entrou na convocatoria definitiva da Selección de Marrocos para disputar a Fase Final da Copa de África, que se xogará en Gabón do 14 de xaneiro de 2017, día no que arrinca a fase de grupos, ata o 5 de febreiro, coa disputa da gran final.

O atacante deportivista debe incorporarse á concentración do equipo nacional o próximo 28 de decembro e, por conseguinte, xa non estará o xoves 29 de decembro en Abegondo, no regreso ao traballo do Deportivo tras o parón do Nadal.

O calendario de Marrocos é o seguinte:

 
Luns 16 de xaneiro
20.00 horas: CONGO - MARROCOS

Venres 20 de xaneiro
20.00: MARROCOS - TOGO

 

Martes 24 de xaneiro
20.00: MARROCOS - COSTA DO MARFIL

Os dous primeiros de cada grupo acceden aos cuartos de final.

Máis novas de: FAYÇAL